4 e 5 de Novembro - 2006
4 de Noviembre de 2006



 Menéame
 FaceBook
  del.icio.us

4 e 5 de Novembro - 2006Axenda de Extrarradio.
Sábado 4 e Domingo 5 de Novembro.





SÁBADO

- Esta fin de semana empezamos a recordar os mellores discos galegos deste 2006. Para os oíntes que queiran axudarnos a escoller cal foi o mellor haberá agasallo de Reis, un lote con 10 dos discos galegos imprescindibles deste ano cortesía de Falcatruada. O repaso empeza o sábado con "Xénese", de Dios ke te Crew

- Trinque: Ectoplasma, As Garotas, Dr Funkstein, Robín de los Estercoleros, Jabon Blue e Sugar Mountain.

- Disco: falaremos con Xavier Mugardos, autor de "Un Feixe".

- A partir das doce, falaremos de cine e música, a propósito de Cineuropa e do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense, e co crítico musical Xavier Valiño como convidado. As recomendacións virán de Vincent Ghalo, Martin Pawley e Grial Parga, e tamén dos oíntes que queiran gañar abonos para Cineuropa ou entradas para o festival de Ourense.

- Entre as recomendacións para a noite do sábado, as que nos faga dende Porto Filipa Fava e o concerto de Nadadora na Fábrica de Chocolate de Vigo.



DOMINGO

- Na procura do mellor disco galego de 2006 o domingo repasaremos "Espido", o disco do proxecto do mesmo nome que comparten Guadi Galego e Guillermo Fernández.

- Falaremos coa nova presidenta da Academia Galega do Audiovisual, a actriz María Bouzas. Ela descubriranos a música que lle gusta e someterase ao noso "fogo cruzado".

- Debateremos sobre a discriminación laboral das mulleres, e o proxecto da Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres de Galicia que o Consello da Xunta aprobou a semana pasada.

- Cada domingo, unha viaxe radiofónica a un lugar do mundo. Desta vez viaxaremos a Barcelona para que unha xornalista galega nos describa o ambiente poselectoral.

- Coñecerémo-la nai dun dos históricos do rock galego, a de Bocixa, o vocalista de Zënzar.

PUBLICIDAD
BUSCADOR
PUBLICIDAD