Volver a la portada

Actualidad
Grupos
Extras
Publicidad
Opine
Foro
Extrarradio

14 e 15 de Outubro - 2006

13 de Octubre de 2006

14 e 15 de Outubro - 2006Axenda de Extrarradio.
Sábado 14 e Domingo 15 de Outubro.




SÁBADO

- Trinque: High Sierras, Iribarnes, Xavier Mugardos, Los Tigres del Cañotas, Félix Arias e os pontevedreses Sugar Mountain.

- Grupo: Sugar Mountain presentando "In the raw", o disco que acaban de editar.

- Liet Latvut: o festival da canción de linguas minoritarias que mañá ten lugar en Ostersund, Suecia. O galego estará representado por Fran Pérez, Narf, coa canción "Santiago", que recuperaremos na versión que tocou no programa o domingo pasado. Conversaremos co membro galego do xurado, o xornalista Kiko Novoa. .

A partir das doce, Vincent Ghalo recomendaranos discos, Martin Pawley películas e Grial Parga programas de televisión. As recomendacións de banda deseñada faraas Óscar Iglesias, un dos coordenadores das XVIII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense. Haberá agasallo para os oíntes que nos chamen para facernos a súa propia recomendación "cultural".

- A última hora será para as propostas de lecer, con dous destaques: o I Encontro de Xogos de Rol e de Estratexia, na Chocolataria de Santiago, e Butrón 2006, o primeiro encontro de Cultura Urbana, Hip Hop e Electrónica de Burela.



DOMINGO

- O domingo visitaremos a Linux Party que esta fin de semana ten lugar no Porriño.

- Dedicarémoslle a tertulia á lei de dependencia; despediremos a Xabier Cid, o colaborador que desde xaneiro conduciu unha sección dedicada á homosexualidade e falaremos con Antón Coucheiro, "Cou", membro da asociación de Novo Circo Pista Catro e ata hai pouco colaborador do programa "Mundo Verbena".

- Á unha coñeceremos a nai de Ana Rodríguez, a xornalista que ata pouco presentaba o informativo matinal de Telecinco e que agora conduce "Hai debate", os luns á noite na Televisión de Galicia.


Comparte este artículo en:   Compartir en Delicious  Compartir en Meneame  Compartir en Chuza  Compartir en Technorati  Compartir en Fresqui  Compartir en Yahoo
Lee más artículos relacionados con:
Anuncios

desConcierto - 2007     Algunos derechos reservados     Nuestro grupo en Last.fm     Nuestro Myspace     Nuestro Fotolog
RSS Música RSS Suscripción    :: ::    Hemeroteca   :: ::    Aviso Legal   :: ::    Enlaces    :: ::    Contacto   :: ::    Staff