Volver a la portada

Actualidad
Grupos
Extras
Publicidad
Opine
Foro
Extrarradio

17 e 18 de Xuño - 2006

16 de Junio de 2006

Zenzar estarán no programaAxenda de Extrarradio.
Sábado 17 e Domingo 18 de Xuño.




Horario do programa || Escoita online

Sábado 17 de Xuño


- Trinque: Galegoz, Samesugas, Marful, Macfeck, o Abe Rábade Trio e Loretta Martin

- Vincent Jalo:
O sábado darémoslle unha oportunidade ao segundo traballo de Keane para ver quen tiña razón, se os seus defensores ou os seus detractores. Continuaremos con algo de jazz, o novo album de Elvis Costello, a quen dende que casou con Diana Krall lle quedan ben lonxe os tempos dos Atractions. Finalizaremos coa boísima banda ourensá de surf Agent-V.

- Grupo: Falaremos con Zenzar, o veterán grupo de Cerceda que está a piques de editar novo disco, “Sigue... e dalle".

- A Polo Ghit!: xá hai novas cancións dispostas a converterse no éxito galego do verán, presentarémolas en exclusiva.

- No Lerchandising daremos razóns para ter un blog, e para non telo, falaremos de cine con Martin Pawley e demostraremos qeu se pode ir de rachí ata nun concello pequeno coma o do Incio. Nunha parroquia de 130 habitantes, Laiosa, organizan o seu propio concurso de maquetas e ata un festival.



Domingo 18 de Xuño

- Vincent Ghalo:
O domingo lembraremos aos vigueses Semen Up e o único tema que gravaron en galego, Ali Babá. Nos meteremos de cheo no mundo bastardo con Galician Nation Army, un machuco conceptual e musical do hit friqui da temporada, Galicia será Nación de Edilberto Alonso, co Seven Nation Army dos White Stripes. Remataremos coa versión-aldraxe que fixeron os electrónicos Robots in Disquise do megaclásico You really got me.

- Falaremos co pianista de jazz Abe Rábade, que acaba de publicar o disco “Playing on light”, e a súa irmá, a poeta María do Cebreiro.

- Coñecerémo-la nai da cantante de Marful, Uxía Pedreira.


Comparte este artículo en:   Compartir en Delicious  Compartir en Meneame  Compartir en Chuza  Compartir en Technorati  Compartir en Fresqui  Compartir en Yahoo
Lee más artículos relacionados con:
Anuncios

desConcierto - 2007     Algunos derechos reservados     Nuestro grupo en Last.fm     Nuestro Myspace     Nuestro Fotolog
RSS Música RSS Suscripción    :: ::    Hemeroteca   :: ::    Aviso Legal   :: ::    Enlaces    :: ::    Contacto   :: ::    Staff