Axenda de Extrarradio.
Sábado 21 e Domingo 22 de Outubro.
SÁBADO
- Trinque: Ruxe Ruxe, Dr Funkstein, Jabon Blue, Luis Moro e Sugar Mountain.
- Grupo: 6pm, que estarán no estudio para presentárnolo.
- Vincent Ghalo recomendaranos os novos discos de Jarvis Cocker, The Radio Dept. e presentaranos o grupo vigués The Bronxson Project. Martin Pawley repasará as estreas da fin de semana e comentaranos a estrea de De Profundis, a película de Miguelanxo Prado e Nani García. Tamén participarán nesta tertulia "cultural" dous dos actores de O regreso ao deserto, a obra do CDG que se estrea hoxe (venres), Toni Salgado e Ursia Gago. O agasallo para os oíntes que nos fagan a súa propia recomendación serán precisamente entradas para ver esta peza.
- Falaremos tamén dos premios Chanante Piñeiro que premiarán os mellores vídeos galegos que hai ciscados por Internet, e da última xornada do festival Curtocircuíto.
- Estaremos en directo nunha das concentracións que teñen lugar en toda Galicia para reclamar maior vontade política na erradicación da pobreza.
- Falaremos dos alcumes, eses nomes non oficiais cos que case todas as familias teñen que apandar.
- Para rematar, unha completa axenda para a Saturday night. .
- A última hora será para as propostas de lecer, con dous destaques: o I Encontro de Xogos de Rol e de Estratexia, na Chocolataria de Santiago, e Butrón 2006, o primeiro encontro de Cultura Urbana, Hip Hop e Electrónica de Burela.
DOMINGO
- Este domingo empezaremos media hora máis tarde do habitual e, a partir da próxima semana, farémolo ás 11.
- Falaremos con Manuel Olveira, director do Centro Galego de Arte Contemporánea, de arte, música e do Proxecto Edición, unha experiencia en común dos 3 museos galegos de arte contemporánea (o sábado 28, o próximo, faremos Extrarradio desde o Pazo da Cultura de Pontevedra, onde se desenvolverá a feira-encontro do Proxecto Edición).
- O tema da tertulia será a desigualdade Norte-Sur e a pobreza no mundo. Asistirán cooperantes galegos e membros de ONG´s.
- Seguiremos recordando o primeiro disco de 6pm, presentado por eles mesmos.
- Coñeceremos a nai de Jorge Mira, físico, profesor de Electromagnetismo e colaborador da Radio Galega e do programa da TVG "Cifras e letras".