Volver a la portada
Actualidad
Grupos
Extras
Publicidad
Opine
Foro
Extrarradio

25 e 26 de Novembro - 2006

25 de Noviembre de 2006

25 e 26 de Novembro - 2006Axenda do Extrarradio.
Sábado 25 e Domingo 26 de Novembro.




Sábado, 25 de novembro

Falamos con Catpeople, a banda viguesa de post punk que publicou este ano o seu primeiro disco “Reel #1” e que este xoves tocaron en Santiago.

No repaso aos mellores discos de galegos de 2006 deterémonos desta volta no “Galician chimpanzee” de Galegoz. Eles mesmos contarannos en que consiste o “aranhoto style”

Literatura e música na segunda hora do programa. Falaremos con Diego Ameixeiras, premio Xerais 2006 con Tres segundos de memoria, unha novela protagonizada por un mozo de 30 anos sen traballo nin moza nin proxectos do futuro conta a súa vida cotiá, unha crónica do que o seu autor chama o “posfracaso”. Grial Parga traerá libros, películas e series de televisión “xeracionais” e Vincent Ghalo poñerá a música.

Conectaremos con Martin Pawley desde o festival internacional de cine de Xixón, no que as películas e a música comparten protagonismo. Anunciaremos as I Xornadas Galego-Lusófonas de Software Libre, que comezan o xoves no Porriño. Filipa Fava falaranos dos concertos en Portugal de The Homens e Sebastopol, e das actuacións en Lisboa de Adam Green, e presentaranos unha voz clásica: a de Amélia Muge..


Domingo, 26 de novembro

Repasaremos o terceiro disco da Compañía do Ruído, outro dos que poderían converterse no “disco galego de 2006”. Eles mesmos nos descubrirán as súas claves desde Ribeira e Escocia!

Falaremos dos pros e contras das piscifactorías, defendidas por uns como alternativa ao esgotamento dos caladoiros pesqueiros e atacadas por outros como unha ameaza a importantes espazos naturais.

Coñeceremos unha das novas promesas do ciclismo galego, Serafín Martínez, unha das fichaxes do Karpin Galicia.

Conversaremos coa nai de Ana María Ríos, que compartiu coa súa filla parte dos días de cativerio en Cancún.

E a crónica da parte máis abraiante da realidade, no noticiario de Modesto del Río.


Comparte este artículo en:   Compartir en Delicious  Compartir en Meneame  Compartir en Chuza  Compartir en Technorati  Compartir en Fresqui  Compartir en Yahoo
Lee más artículos relacionados con:
Anuncios

desConcierto - 2007     Algunos derechos reservados     Nuestro grupo en Last.fm     Nuestro Myspace
RSS Música RSS Suscripción    :: ::    Hemeroteca   :: ::    Aviso Legal   :: ::    Agenda antigua   :: ::    Enlaces    :: ::    Contacto   :: ::    Staff