Axenda de Extrarradio.
Sábado 27 e Domingo 28 de Maio.
Horario do programa || Escoita online
Sábado 20 de Maio
Esta fin de semana Extrarradio desplázase a Vilagarcía de Arousa con motivo do Festival do Norte. De 11 da mañá a 2 da tarde estará no Auditorio Municipal.
Pasarán polo programa tres grupos que participan no festival:
6pm (semifinalistas de Proyecto Demo. Un dos seus integrantes é da Illa de Arousa) e a Manuel Seixas Neuroband (dos ex Korosi Dansas Manuel Seixas e Xurxo Romero) e mailos portugueses X-Wife.
Non só falaremos do festival do Norte, haberá tempo para acordarse do festival de Cans, no Porriño, do Festival internacional de títeres de Redondela e do Silleda Rock.
Faremos unha ruta nocturna polos mellores bares e salas de concertos do Salnés e falaremos con mozos e mozas da comarca da vida cultural e xuvenil deses concellos, pero tamén da vida real.
Domingo 21 de Maio
O domingo falaremos co Mago Teto, que fará maxia pola radio. Entrevistaremos a CatPeople, un grupo vigués trasladado a Barcelona que acaba de editar o seu primeiro disco con Pupilo Records e teremos a resaca do festival do Norte, con declaracións dos grupos que pasaron por alí.
- Na sección de Vincent Jalo:
1.- Aproveitando que vai comezar no programa a operación "A polo ghit", na percura da canción do verán galega, na sección de arqueoloxia musical galega hei recuperar a un grupo chamado Castaña que xa o tentou en 1982. Editaron un LP cheo de merengue, cumbias, salsa e até tangos -todo cantado en galego- na percura do efémero pero lucrativo éxito estival.
2.- Esta semana o ouvinte máis activo do Extrarradio, Ultra_marinho, volta a agasallarnos con un machuco de colleita propia: Andrés Do Barro "Pois eu" vs Iggy Pop "Lust for life".
3.- A versión curiosa da semana será o Satisfaction dos Rolling ao vivo a mans de PJ Harvey e Bjork, un peculiar duo.