Axenda de Extrarradio.
Sábado 30 de Setembro e Domingo 1 de Outubro.
Horario do programa || Escoita online
Sábado 30 de Setembro
- Maqueta: os galego-suizos Cenk.
- Trinque: Skacha, Tiro na Testa, Trifulka, Stereotipos, Xavier Mugardos e Andrés Suárez
- Entrevista: Fon Román (ex-Piratas).
- Cine: Martin Pawley comentará desde Donosti esta edición do festival internacional de cine no día da súa clausura.
- Falaremos de software libre con Jordi Mas i Hernández, autor de "Software libre: tecnicamente viábel, economicamente sostíbel e socialmente xusto", que acaba de publicarse en galego, Filipa Fava intentará explicarnos por que tantos portugueses queren ser españois, que é o "rock tuga" e presentaranos o grupo Puma.
- Vincent Jalo: de 12:00 a 13:00 falaremos de música, cine, televisión e o que lle cadre. Vincent picará o disco póstumo de Johnny Cash, o último de TV on the radio e o grupo coruñés The Virginals, Grial Parga (que comentará a reposición d´Os Novos na TVG e sobre algunhas teleseries británicas do presente) e co xornalista Xavier Valiño, que debullará algunhas das anécdotas e curiosidades que conta no seu libro "El gran circo del rock").
- Iremos de festa ao Porriño e daremos alternativas de lecer para o resto de cidades e vilas.
Domingo 1 de Outubro
- Recordaremos o 75 aniversario da aprobación do sufraxio feminino en España.
- Pasearemos por Santiago buscando as intervencións artísticas de "A cidade interpretada",
- Visitaranos o músico Piti Sanz (de Mofa e Befa, Magical Brothers e autor de música para infinidade de series de televisión, curtas, películas e demais).
- Estaremos atentos á xornada electoral no Brasil.
- Debateremos sobre a utilidade real da Universidade con estudantes, profesores e investigadores.