Axenda de Extrarradio.
Sábado 3 e Domingo 4 de Xuño.
Horario do programa || Escoita online
Sábado 3 de Xuño
- Trinque: Samesugas, Galegoz, Marful, Loretta Martin, Berrogüetto, Loretta Martin, Catpeople
- Vincent Jalo:
Coma novidades internacionais porei o novo disco de Thom Yorke en solitario baixo o alcume de The Eraser e o novo disco do 50% de Postal Service, Jimmy Tamborello, desta vez baixo o nome de James Figurine. A novidades nacional será Le Glamour Grotesque, un novo proxecto de trip-hop, ambient, abstract hip-hop e chillout que chega dende A Estrada coa intención de ser os Boards of Canada patrios.
- Grupo: Falaremos co grupo santíagués de power pop The Homens.
- Tertulia: partido de solteiros contra casados. Falaremos das vantaxes e inconvenientes de casar e de non facelo.
- Con Martin Pawley falaremos da estrea de Galatasaray-Depor e teremos de cinéfilo convidado o seu director, Hannes Stöhr.
- No Lerchandising presentamos o concurso A polo ghit! no que buscaremos durante os próximos meses, en colaboración con Vieiros, a canción do verán galega.
- Presentaremos o grupo portugués D3Ö, que estará tocando en Galicia nas próximas semanas.
- Saberemos qué fai de rachí a xente de Silleda
Domingo 4 de Xuño
- O domingo teremos a homilía do padre Meixide e o mea culpa dos grupos que pasan polo programa.
- Vincent Ghalo:
Sumarémonos á celebración do XX aniversario do Galicia Canibal dos Resentidos poñendo a versión que fixeron en ingles do tema, Canibal Galicia (It is so fucking sunny). Co machuco voltarei a retomar o concepto de machuco-a-trois mesurando o Back in Black de AC/DC, o Tom's Dinner de Suzanne Vega e o Grândola de José Afonso. Remataremos coa versión que fan Nouvelle Vague no seu novo disco do clásico de New Order, Blue Monday.
- Falaremos con Xudas Diz, o director da longametraxe "Por mí y por todos mis compañeros", realizada en réxime de cooperativa e que se presentou a fin de semana pasada no festival de Cans.
- Con Xabier Cid falaremos de cine gai, Modesto del Río presentaranos unha versión friqui das noticias de actualidade
- Sergio Lago, de Falcatruada, será o picadiscos convidado
- Coñecerémo-la nai do cociñeiro Manolo Tejedor.