Volver a la portada

Actualidad
Grupos
Extras
Publicidad
Opine
Foro
Extrarradio

7 e 8 de Outubro - 2006

6 de Octubre de 2006

7 e 8 de Outubro - 2006Axenda de Extrarradio.
Sábado 7 e Domingo 8 de Outubro.




SÁBADO

- Maqueta: os galego-suizos Cenk.

- Trinque: protagonizarano grupos lugueses Kimuru, Islabikini, Holywater, Telémaco, Safari Orquestra, Hora Muerta. E recordaremos o traballo dun dos pioneiros da música electrónica en Galicia e responsable como promotor de moitos bos discos dos últimos anos, Arturo Vaquero, que ten o seu estudio, "Abrigueiro", en Friol.

- Música en directo: Iván & Josito e mais Nómada un grupo galego-ruso-bielorruso-ucraíno, que lle pon música, por exemplo, á "Cabna de Babaiagá", a obra infantil do CDG dirixida por Paula Carballeira.

- Cultura luguesa: Álvaro Pardo (Telémaco, Dr. Think), o xornalista Grial Parga, a actriz Pepa Yáñez e Fernando Vásquez, presidente da Asociación Cultural Alto Minho.

- Falaremos de maxia con Carlos Coira e Suso do Forno do colectivo Waldemar.

- Faremos unha ruta de rachí por Lugo e recordaremos as citas lúdico-festivas máis importantes do sábado.


DOMINGO

- O domingo visitaranos para falar e tocar en directo Fran Pérez, Narf, unha semana antes de participar no festival da canción de linguas minoritarias (o 14 de outubro en Östersund, Suecia).

- Tamén falaremos con Guillermo Fernández (Berrogüetto, Espido), Xabier Díaz e Ugia Pedreira (Marful, Nordestin@s), os condutores de "Tres peixes voando", o programa semanal que estrea a Radio Galega Música este domingo ás once da noite. Os tres confesarán tamén no Mea Culpa.

- Como cada domingo falaremos sobre homosexualidade con Xabier Cid e Modesto del Río repasará a cara máis friqui da realidade. Falaremos sobre o maltrato a animais con ecoloxistas, labregos e cazadores e coñeceremos a nai da poeta Yolanda Castaño.


Comparte este artículo en:   Compartir en Delicious  Compartir en Meneame  Compartir en Chuza  Compartir en Technorati  Compartir en Fresqui  Compartir en Yahoo
Lee más artículos relacionados con:
Anuncios

desConcierto - 2007     Algunos derechos reservados     Nuestro grupo en Last.fm     Nuestro Myspace     Nuestro Fotolog
RSS Música RSS Suscripción    :: ::    Hemeroteca   :: ::    Aviso Legal   :: ::    Enlaces    :: ::    Contacto   :: ::    Staff